- Imprimir |
Contribuíndo ao progreso social e ao
desenvolvemento das persoas
Fundación Aquae é unha entidade sen ánimo de lucro, que ten como principal finalidade a de se converter nun centro de referencia de pensamento e reflexión, arredor dun novo modelo de crecemento e desenvolvemento económico e social responsable; un modelo onde os recursos naturais, moi especialmente a auga, sexan utilizados de xeito máis sostible.
As accións e proxectos que realiza buscan impulsar a investigación, o coñecemento e a experiencia, ademais de desenvolver e transferir tecnoloxías intelixentes, contribuíndo así ao progreso social das persoas e a promover a transformación económica e social sostible.
A innovación e o talento son os eixos centrais deste proceso de transformación, que se apoia na investigación, a innovación tecnolóxica e a excelencia profesional.